Comarca del Eo, La

Comarca del Eo, La
[PUBLIC]

Periódico semanal da comarca de Ribadeo. Publicouse por primeira vez en outubro de 1919 co título de La Comarca. Nesta primeira andaina, na que se subtitulaba “Semanario popular independiente”, F. Lanza Álvarez foi o seu fundador e director. Entre os seus colaboradores figuraban Antonio Otero, C. Barcia Trillés, A. Suárez Coto e Barreiro Pico. Publicáronse traballos de Dámaso Alonso e M. Leiras Pulpeiro, e o director desenvolveu varias campañas relacionadas con temas de interese para a comarca, ao tempo que loitaba contra o caciquismo nas seccións “Charamuscas” ou “Del guiñol ribadense” baixo pseudónimos como El Montañés ou Un Labrador Gallego. Inseriu tamén natalicios, enlaces matrimoniais, necrolóxicas, proxectos urbanísticos, bandos, festividades das localidades veciñas, etc. No ano 1929 Ramón F. De Soto fíxose cargo da dirección. No grupo de colaboradores incluíanse D. Gamallo Fierros, J. Ameijede Martínez, I. Asensio Amor e E. Gutiérrez Fernández. A partir de 1967 dirixiuno Xoán A. Mejeras Díaz. En 1975 subtitulouse “Semanario” e levou o título definitivo de La Comarca del Eo. Dirixido por Juan Soto Gutiérrez e editado por El Progreso, divídese nas seccións “Agenda”, “Buzón”, “Anuncios por palabras”, “Notas locales”, “Comarcales” e “Horarios de misas”.

Palabras veciñas

2 comando | Comaneci, Nadia | comarca | Comarca del Eo, La | Comarca do Morrazo, A | Comarca, La | comarcal