combretáceo -a

combretáceo -a

(< lat científico Combretum, xénero deplantas + -áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás combretáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das combretáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de mirtais integrada por uns vinte xéneros, que reúnen ao redor de 500 especies de plantas leñosas, a miúdo enredadeiras, propias das rexións tropicais. Os xéneros máis importantes son Combretum e Terminalia, que proporcionan diferentes clases de madeiras ou se cultivan como plantas ornamentais.

Palabras veciñas

Comboa, A | Comboa, ponte | comborza | combretáceo -a | comburente | combustibilidade | combustible