comensal

comensal

(< lat tardío commensāle < lat cum‘con’ + lat mensa ‘mesa’)

  1. s

    Cada unha das persoas que come xunto a outras na mesa.

    Ex: Despois da sobremesa os comensais degustaron os licores da casa.

  2. adx e s [ECOL]

    Especie que vive en comensalismo con outra.

  3. s m [HIST]
    1. Persoa que, nos antigos mosteiros, gozaba do beneficio de participar nas comidas monásticas.

    2. Eclesiástico agregado ao servizo permanente dun prelado.