comparación
(
-
s
f
Acción de comparar ou compararse.
Ex: Realizaron a comparación das escrituras para corroborar a súa autenticidade.
-
s
f
Susceptibilidade de ser comparado.
Ex: Este concerto non ten comparación co anterior; é máis selecto.
-
s
f
[FILOS]
Constatación das semellanzas, das diferencias ou das relacións que existen entre distintas entidades. Implica un acto de atención e ten un papel fundamental na lóxica do xuízo.
-
[LING]
-
s
f
Procedemento lingüístico polo que se establece unha relación entre dous elementos na que se contrasta o grao de semellanza ou diferenza dunha determinada calidade, cantidade, intensidade, etc. Poden establecerse comparacións entre distintas unidades morfolóxicas, con funcións sintácticas diferentes: entre adxectivos ou frases adxectivas, entre substantivos ou frases nominais, entre adverbios ou frases adverbiais, entre frases preposicionais e entre verbos (
Ex: Este libro é máis divertido ca interesante. Ten máis libros ca min. Ten máis gatos que cans. Onte traballei máis que hoxe. Viaxa máis a Madrid ca á Coruña. Viaxo eu máis en avión do que ti en coche. Viaxa máis en avión ca en coche. Gústanme menos de metal que de madeira. Mente tanto como fala. Vive máis lonxe ca ti. Pedro é máis estudoso que Xoán). A comparación que se establece pode ser de igualdade (co esquema xeral de tanto...coma/como), ou de desigualdade (de superioridade: co esquema xeral de máis...ca/que/do que; ou de inferioridade, menos...ca/que/do que). As formas coma e ca son obrigatorias cando van seguidas de pronome persoal tónico (Ex: Comeu tanto coma min. Ela sempre foi máis perspicaz ca ti); como e que son obrigatorias cando van seguidas de predicado en forma persoal (Ex: Traballa máis do que debe. Fas tanto como dis?), agás que a cláusula do segundo termo da comparación vaia introducida por determinados nexos, como se, cando ou relativos que, quen, onde, xa que nestes casos tamén se pode empregar coma e ca (Ex: Foi coma/como se de súpeto todo se escurecese. Todo resultou ser como/coma cando fun a primeira vez. Díxoo como/coma quen non quere a cousa); no resto dos casos é opcional o uso de coma/como e ca/que (Ex: Le tantos libros de medicina como/coma de literatura. No caixón da cómoda había máis calcetíns amarelos ca/que brancos).
-
grao de comparación
Cada un dos graos de significación que pode ter o adxectivo: o comparativo, o positivo e o superlativo.
-
s
f
-
s
f
[LIT]
Figura retórica que establece unha relación de semellanza ou analoxía entre dous termos a partir dunha característica que ambos comparten en certo grao. A relación efectúase por medio de partículas comparativas (como, así, semellante a, tan, igual que, etc). Aparece por primeira vez como estratexia do discurso na Retórica de Aristóteles. Toda comparación implica dous termos, o primeiro ou comparado, fai referencia á realidade da que se fala, mentres que o segundo ou comparante designa aquilo co que se asocia. Tradicionalmente, considérase a metáfora como unha comparación na que se funden os dous termos nun. No que respecta ao símil, ás veces preséntase como sinónimo da comparación. Non obstante , a tendencia contemporánea reserva o nome de comparación para os exemplos nos que un dos termos se presenta como superior ou inferior ao outro a partir dalgunha calidade. Pola contra, cando a relación establecida é de igualdade, fálase de símil.
-
s
f
[MAR]
Diferencia entre a hora sinalada polo cronómetro maxistral e a sinalada polo acompañante.
-
comparación do contraste
[IND/ARTE]
Comparación que se establece entre as diferentes densidades ou graos de luz presentes nunha mesma imaxe.
-
comparación social
[PSIC]
Proceso co que os individuos comparan as súas actitudes e opinións coas dos outros individuos. Dentro dun grupo ten como efecto acentuar a uniformidade e eliminar as diferencias entre os suxeitos.
-
comparatismo.
-
s
m
[METROL]
Dispositivo das máquinas analóxicas que compara dous sinais ou dá unha saída que depende de certa relación entre eles (por exemplo, de dúas cantidades numéricas cál é maior, igual ou menor ca a outra).
-
comparador intermitente/comparador de pestanexo
[ASTRON]
Aparato empregado para medir as diferencias entre as dimensións dunha peza e as da peza patrón. Consta, basicamente, dunha barra que se pon en contacto coa peza que se vai medir e dun sistema de reprodución do desprazamento da barra; a natureza deste sistema determina o tipo de comparador. No comparador eléctrico reprodúcese nun miliamperímetro a variación de corrente producida polo movemento da barra no interior dunhas bobinas. No comparador óptico a barra move un espello que reflicte un raio de luz que vai a unha escala graduada. O comparador mecánico amplifica o desprazamento da barra mediante un sistema de engrenaxes ou de cremalleira.
-
-
s
f
Procedemento lingüístico polo que se establece unha relación entre dous elementos na que se contrasta o grao de semellanza ou diferenza dunha determinada calidade, cantidade, intensidade, etc. Poden establecerse comparacións entre distintas unidades morfolóxicas, con funcións sintácticas diferentes: entre adxectivos ou frases adxectivas, entre substantivos ou frases nominais, entre adverbios ou frases adverbiais, entre frases preposicionais e entre verbos (
Ex: Este libro é máis divertido ca interesante. Ten máis libros ca min. Ten máis gatos que cans. Onte traballei máis que hoxe. Viaxa máis a Madrid ca á Coruña. Viaxo eu máis en avión do que ti en coche. Viaxa máis en avión ca en coche. Gústanme menos de metal que de madeira. Mente tanto como fala. Vive máis lonxe ca ti. Pedro é máis estudoso que Xoán). A comparación que se establece pode ser de igualdade (co esquema xeral de tanto...coma/como), ou de desigualdade (de superioridade: co esquema xeral de máis...ca/que/do que; ou de inferioridade, menos...ca/que/do que). As formas coma e ca son obrigatorias cando van seguidas de pronome persoal tónico (Ex: Comeu tanto coma min. Ela sempre foi máis perspicaz ca ti); como e que son obrigatorias cando van seguidas de predicado en forma persoal (Ex: Traballa máis do que debe. Fas tanto como dis?), agás que a cláusula do segundo termo da comparación vaia introducida por determinados nexos, como se, cando ou relativos que, quen, onde, xa que nestes casos tamén se pode empregar coma e ca (Ex: Foi coma/como se de súpeto todo se escurecese. Todo resultou ser como/coma cando fun a primeira vez. Díxoo como/coma quen non quere a cousa); no resto dos casos é opcional o uso de coma/como e ca/que (Ex: Le tantos libros de medicina como/coma de literatura. No caixón da cómoda había máis calcetíns amarelos ca/que brancos).
-
grao de comparación
Cada un dos graos de significación que pode ter o adxectivo: o comparativo, o positivo e o superlativo.
-
s
f
Frases feitas
-
En comparación loc adv Comparado con. SIN: comparado a, comparante a, comparante con, en comparanza (col). Ex: A túa actitude foi, en comparación, aínda máis despectiva.
-
2 Non haber nada ou ningunha persoa que se lle poida igualar. Ex: Ese novo candidato non ten comparación comigo.
-
Non haber/non ter comparación. 1 Non existir posibilidade de comparar dúas ou máis cousas por teren naturezas radicalmente diferentes. Ex: Non hai comparación posible entre os dous asasinatos.
-
Sen comparación. Con moita diferencia. Ex: É, sen comparación, o xogador máis completo do equipo.