compartir

compartir

(< lat tardío compartīre, porcompartīri ‘dividir con’)

  1. v t

    Posuír ou usar dúas ou máis persoas algunha cousa en común.

    Ex: O meu irmán e mais eu compartimos cuarto.

  2. v t

    Dividir algunha cousa dando parte a alguén ou tomando cadaquén a súa parte.

    Ex: Compartiu a comida cos exiliados.

  3. v t

    Coincidir ou estar de acordo coas ideas ou opinións de alguén.

    Ex: Comparto a túa opinión con respecto ó racismo.

  4. v t

    Participar dos sentimentos ou do estado de ánimo dunha persoa.

    Ex: Compartiron as penas e as alegrías.

  5. v t [INFORM]

    Usar conxuntamente unha unidade de almacenamento, unha carpeta, un documento, un periférico ou calquera outra cousa que nun sistema informático se poida empregar ao mesmo tempo desde varias aplicacións ou desde diferentes ordenadores.

Palabras veciñas

compartidor -ra | compartimentar | compartimento | compartir | compás | Compás | Compás
Conxugar
VERBO compartir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comparto
compartes
comparte
compartimos
compartides
comparten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartía
compartías
compartía
compartiamos
compartiades
compartían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartín
compartiches
compartiu
compartimos
compartistes
compartiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartira
compartiras
compartira
compartiramos
compartirades
compartiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartirei
compartirás
compartirá
compartiremos
compartiredes
compartirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartiría
compartirías
compartiría
compartiriamos
compartiriades
compartirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comparta
compartas
comparta
compartamos
compartades
compartan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartise
compartises
compartise
compartisemos
compartisedes
compartisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartir
compartires
compartir
compartirmos
compartirdes
compartiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
comparte
-
-
compartide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compartir
compartires
compartir
compartirmos
compartirdes
compartiren
Xerundio compartindo
Participio compartido
compartida
compartidos
compartidas