compensador -ra

compensador -ra

(

  1. adx

    Que compensa.

  2. s m [TECNOL]

    Dispositivo ou aparello destinado a compensar a enerxía reactiva dunha rede ou instalación e a mellorar, deste xeito, o factor de potencia. Pódense empregar máquinas eléctricas que funcionen sen carga activa, e fálase de compensador síncrono ou asíncrono segundo o tipo de máquina; aínda que, frecuentemente, se fai a compensación mediante baterías de condensadores, sistema denominado tamén compensador estático.

  3. s [MAR]

    Persoa que se ocupa da compensación das agullas náuticas.

Palabras veciñas

compenetrar | compensable | compensación | compensador -ra | compensar | compensatorio -ria | Compère, Loyset