compoñedor -ra
(< compoñer)
-
s
Persoa que arranxa ou coloca os ósos no seu sitio cando están dislocados.
Ex: O compoñedor arranxoulle o pé que tiña escordado.
-
s
m
[GRÁF]
-
Instrumento empregado polos caixistas consistente nunha regra metálica, de sección angular e provista dun tope nun extremo e dun cursor, onde se colocan os tipos e os espaciadores sacados da caixa.
-
Parte da linotipia onde se reúnen as matrices e os espaciadores formando a liña.
-
-
s
amigable compoñedor
[DER]
Forma extraxudicial de solución dunha controversia que se caracteriza pola designación voluntaria polas partes dun árbitro imparcial, o amigable compoñedor, que debe emitir unha decisión ou sentencia que ten que ser acatada por ambas as dúas partes. É unha forma de arbitraxe privada caracterizada por non gardar de xeito estricto os formalismos legais.