compositio*

compositio*
s f [LIT]

Figura retórica que consiste na disposición harmoniosa da estrutura do discurso atendendo aos compoñentes fónicos e sintácticos e analizando as distintas posibilidades de distribución que ofrecen. Distínguese entre a compositio sintáctica (centrada na oración e as súas partes) e a compositio fonética (centrada na combinación das palabras na oración). No tocante á sintaxe, recoñécense tres modalidades de elaboración: o estilo solto ou simple sucesión de secuencias; o perpetuo ou xustaposición coordinada; e o periódico ou expresión composta ou complexa. Dende o punto de vista da literatura, interprétase como a disposición interna da obra.