Compton, efecto

Compton, efecto
[FÍS]

Aumento da lonxitude de onda da radiación electromagnética (nas bandas dos raios X e raios γ), difundida polos electróns menos ligados dos átomos. Observouno por primeira vez A. H. Compton en 1923 e, simultánea e independentemente, P. J. W. Debye. O fenómeno ten lugar ao incidir un feixe de radicación de frecuencia ν sobre unha lámina material; obsérvase que a radiación difundida ten unha frecuencia menor, ν’< ν. A teoría clásica non xustifica o aumento da lonxitude de onda; esta pódese explicar en termos de colisións fotón-electrón. O efecto Compton confirmou a validez da teoría corpuscular da luz.