comuneiro -ra

comuneiro -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen forma parte dunha comunidade.

  2. [HIST]
    1. s m

      Membro dunha comunidade creada con fins políticos.

    2. s m

      Membro dunha sociedade política liberal, fundada en 1821. Facíanse chamar Hijos de Padilla; procedían da francmasonería e disque acadaron uns 40.000 afiliados. En 1822 separáronse os membros máis exaltados e fundaron a Sociedade Landaburiana, nome tomado do oficial liberal Landaburu.

    3. comuneiros de Castela

      Comunidades de Castela.

  3. [HIST]
    1. s m

      Membro dos movementos insurreccionais xurdidos na América colonial durante o s XVIII.

    2. comuneiros do Paraguay

      Membros do movemento insurreccional que estalou en Paraguay entre 1717 e 1735. A revolución iniciouse co nomeamento dun gobernador que a aristocracia crioula e a burguesía consideraban contrario aos seus intereses. O cabido municipal de Asunción opúxose ao nomeamento, e o movemento converteuse nunha loita do municipio pola súa autonomía, que durou ata que o gobernador de Bos Aires entrou en Asunción (1725). En 1730 houbo un novo levantamento dirixido por Fernando de Mompox. Esta longa revolta considérase un precedente da loita pola independencia.

    3. comuneiros de Nueva Granada

      Membros do movemento insurreccional contrarios á autoridade do vicerrei, que estalou na cidade de Socorro, en Nueva Granada, en 1781, provocado por un aumento dos impostos. O 16 de abril, os comuneiros, dirixidos por Francisco Berbeo, marcharon sobre Santa Fe, pero as autoridades aceptaron as súas condicións. Pouco tempo despois o vicerrei desaprobou as capitulacións e enviou tropas que reprimiron a revolta (1782).

Palabras veciñas

comunal | comunalismo | comunalista | comuneiro -ra | comuñeiro -ra | comungante | comungar