concertar

concertar

(< lat concertāre ‘combater’)

  1. v t

    Chegar a un acordo varias persoas nalgunha cousa que satisfaga a todas.

    Ex: Concertamos un cambio na redacción do tratado.

    Confrontacións: convir.
  2. v t [MÚS]

    Executar harmonicamente as diferentes voces ou os diferentes instrumentos dunha composición musical.

  3. v t [LING]

    Facer que coincidan os accidentes gramaticais entre dúas ou máis palabras.

    Ex: Tes que concertar o suxeito co verbo para que a oración sexa correcta.

    Sinónimos: concordar.
  4. v i

    Coincidir unha idea ou opinión con outra ou con algo xa coñecido.

    Ex: Nós concertamos plenamente coa súa forma de actuar.

  5. v i [LING]

    Coincidir os mesmos accidentes gramaticais entre dúas ou máis palabras.

    Ex: O adxectivo e o substantivo concertan en xénero e número.

    Sinónimos: concordar.
  6. v i [MÚS]

    Executar a súa parte un instrumento nunha harmonía musical.

  7. v pron

    Poñerse de acordo varias persoas.

    Ex: Os dous matrimonios concertáronse para ir de viaxe.

Conxugar
VERBO concertar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concerto
concertas
concerta
concertamos
concertades
concertan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertaba
concertabas
concertaba
concertabamos
concertabades
concertaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertei
concertaches
concertou
concertamos
concertastes
concertaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertara
concertaras
concertara
concertaramos
concertarades
concertaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertarei
concertarás
concertará
concertaremos
concertaredes
concertarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertaría
concertarías
concertaría
concertariamos
concertariades
concertarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concerte
concertes
concerte
concertemos
concertedes
concerten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertase
concertases
concertase
concertasemos
concertasedes
concertasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertar
concertares
concertar
concertarmos
concertardes
concertaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
concerta
-
-
concertade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
concertar
concertares
concertar
concertarmos
concertardes
concertaren
Xerundio concertando
Participio concertado
concertada
concertados
concertadas