Concierto de Aranjuez
Peza musical para guitarra e orquestra da autoría do compositor Joaquín Rodrigo Vidre. Estreouse en Barcelona en 1940 baixo a dirección de César Mendoza Lasalle e foi interpretada polo guitarrista Regino Sáinz de la Maza acompañado da Orquestra Filharmónica de Barcelona. A peza reflicte o Aranjuez do s XVIII, cidade na que se refuxiaba a monarquía, e as cortes de Carlos IV e Fernando VII. Síntese do clásico e do popular, constitúe a primeira obra composta especificamente para guitarra e a peza que máis dereitos de autor acadou no s XX. De enorme éxito internacional, ao longo dos anos foi interpretada por grandes figuras musicais como os guitarristas Narciso Yepes, Paco de Lucía e Juliam Bream ou polo arpista Nicanor Zabaleta, ademais de ser adaptada ao jazz, incluída unha versión de Miles Davis no disco Sketches of Spain (1959).