Condes de Torre Penela, pazo dos

Condes de Torre Penela, pazo dos

ou pazo de Anceis Situado en San Xoán de Anceis (Cambre), foi construído no s XVII en estilo barroco por Xoán Becerra Piñeiro, señor xurisdicional da parroquia. No exterior destacan diversos brasóns. Na capela, pegada á fachada, consérvase unha lápida que fai referencia á estancia do primeiro colexio dos xesuítas de Galicia (1874), despois da súa expulsión no s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1981.

Palabras veciñas

condensador -ra | condensar | Condes de Altamira, castelo dos | Condes de Torre Penela, pazo dos | condescendencia | condescendente | condescender