condrito

condrito

(

s m [XEOL]

Aerólito que contén uns agregados esferoidais, xeralmente dun milímetro de diámetro, chamados cóndrulos. Os condritos compóñense maioritariamente de olivina e piroxenos (enstatita, broncita e hiperstena) e, en menor proporción, conteñen plaxioclasio, troilita e unha aliaxe de ferro e níquel. Constitúen o grupo máis numeroso de aerólitos e a súa estrutura en cóndrulos non aparece en rochas terrestres.

Palabras veciñas

condriosoma | condrite | condritio -tia | condrito | condro- | condroblasto | condroblastoma