condrocalcinose

condrocalcinose

(

s f [PAT]

Enfermidade caracterizada por artrites inflamatorias recorrentes, semellantes á gota. Está causada polo depósito de cristais de pirofosfato cálcico nas articulacións, polo que se pode apreciar nas radiografías a calcificación das cartilaxes articulares. Coñécese tamén co nome de pseudogota.

Palabras veciñas

condro- | condroblasto | condroblastoma | condrocalcinose | condrócito | condroclasto | condrocranio