condutancia

condutancia

(

  1. s f [FÍS]

    Compoñente real do vector admitancia Y nun circuíto de corrente alterna. Simbolízase por G, e vale G=RY 2 , onde R é a resistencia. No caso de corrente continua, a condutancia é a inversa da resistencia: G=1/R. A súa unidade de medida no SI é o siemens.

  2. condutancia aparente [FÍS]

    admitancia.

  3. condutancia equivalente [FÍS]

    Condutancia dun electrólito que contén un equivalente gramo da substancia disolta, medida entre dous electrodos paralelos situados á distancia de 1 cm e de superficie suficiente para conter o volume necesario.

  4. condutancia eléctrica específica [FÍS]

    condutividade eléctrica.

  5. condutancia magnética [FÍS]

    permeancia.

  6. condutancia mutua [FÍS]

    transcondutancia.