condutor -ra

condutor -ra

(< lat conductōre)

  1. adx e s

    Que ou quen conduce.

    Ex: O fío condutor da conversa non era fácil de seguir. O condutor do autobús era un home moi prudente. Moisés foi o condutor do pobo hebreo.

  2. adx [TECNOL]

    Aplícase ao órgano mecánico que transmite un movemento, de rotación ou de translación, a outro órgano, chamado conducido.

  3. s m [FÍS]

    Corpo que presenta unha resistencia eléctrica pequena. Os bos condutores teñen unha resistividade inferior a 10 -5 Ω·cm, que aumenta coa temperatura. Os condutores empregados correntemente en electrotecnia adoitan ser fíos de sección circular ou barras de sección rectangular, xeralmente de cobre e ás veces de aluminio, recubertos dunha capa ou verniz illante.

  4. s [POLÍT]

    Líder político dun partido que adoitaba coincidir co líder dun país que exercía unha función doutrinal.

Palabras veciñas

condutividade | condutivo -va | conduto | condutor -ra | condutus* | Condylis, Georgios | coñecedor -ra