conexión
(< lat connexĭōne)
-
s
f
Acción de estar ligadas unha cousa con outra da mesma natureza por unha relación estreita.
Ex: Non había conexión no seu discurso.
-
s
f
Relación que existe entre dúas cousas conexas.
Ex: A conexión dos elementos deu un bo resultado.
-
s
f
Situación na que un conxunto de cousas están conexas.
Ex: As conexións que teñen os delincuentes impiden que os deteñan.
Sinónimos: ligazón, nexo, relación, vínculo. Antónimos: desconexión. -
s
f
[LING]
-
En glosemática, función con funtivos que se relacionan entre si (tanto...coma), é dicir, que coexisten nunha determinada cadea. Os funtivos da conexión denomínanse relatos. Son conexións as funcións de solidariedade, selección e combinación.
-
En Tesnière, relación constitutiva da frase, representada como relación de dependencia entre unha unidade rectora e a rexida. Na gramática de dependencias, estas relacións represéntanse por árbores de dependencias, corchetes ou frechas; a estrutura da oración está condicionada pola arquitectura destas conexións.
-
-
s
f
[TECNOL]
Asociación de dous sistemas eléctricos, circuítos, aparellos, etc, mediante un ou máis condutores. Segundo o xeito de efectuar esta asociación, existen diversos tipos de conexión: en paralelo ou mixto (unión de dous ou máis compoñentes electrónicos de forma que a corrente pase a través dun e logo a través doutro), en serie (unión de dous ou máis compoñentes electrónicos de forma que a corrente pase por eles ao mesmo tempo), en triángulo, en estrela, en zigzag (empregadas nos sistemas trifásicos) e outras especiais, como as conexións Scott, Leblanc, Dahlander, Graetz, etc.
-
[INFORM]
-
conexión conmutada
Modalidade na que opera unha liña de transmisión cando o circuíto se establece por medio de mecanismos de conmutación, como acontece nunha rede pública de teléfono ou de télex.
-
conexión multipunto
Modalidade na que opera unha liña de transmisión cando constitúe un circuíto permanente entre máis de dúas terminais.
-
conexión punto a punto
Modalidade na que opera unha liña de transmisión cando constitúe un circuíto entre dúas estacións terminais.
-
conexión conmutada
-
conexión de causas
[DER]
Relación entre dous ou máis feitos que revisten caracteres de delito e que se seguen en procedementos diferentes, pero para os que non existen vínculos legais que os fagan estar conectados. A lei identifica como elementos necesarios para que exista unha conexión de causas, a existencia dun obxectivo común ou dunhas partes iguais ou relacionadas. OBS: A grafía x representa o son [ks].