confirmación
(
-
s
f
Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.
Ex: Aínda non ten confirmación ningunha de se lle deron a bolsa ou non.
-
s
f
Aquilo que confirma ou proba algo.
Ex: A súa agresividade era a confirmación de que estaba deprimido.
-
s
f
[RELIX]
Sacramento que completa a acción do bautismo que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá. A súa significación e eficacia céntrase no don do Espírito Santo para confirmar o crente na fe do bautismo e con vista á misión que, como membro da Igrexa, ten no mundo. O ministro ordinario é o bispo. Na Igrexa latina, o rito consiste na imposición das mans e na unción coa crisma. Desde 1971, a unción está acompañada das palabras: “N., recibe o signo do don do Espírito Santo”.
-
s
f
[DER]
Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación. Mediante a confirmación, o contrato inválido valídase e produce todos os seus efectos como se nunca fose defectuoso. Pódense confirmar os actos anulables por algunha das seguintes causas: falta de plena capacidade para obrar; existencia de vicios na manifestación da vontade; ou falta de consentimento do consorte, no caso de que este sexa necesario de acordo co réxime matrimonial para os actos realizables por un dos cónxuxes.