Conflent, O
Conflent, O
Comarca de Catalunya, drenada polo río Tet (882 km2; 17.886 h [1990]). A capital da comarca é Prada. No baixo Conflent, cara ao O, hai cultivos de árbores froiteiras, produtos da horta e viñas; así mesmo, predominan os cereais, as patacas e os prados. Destaca tamén a gandería bovina e a explotación forestal. A minería tivo grande importancia e a industria tradicional máis sobresaínte é a metalúrxica, que aproveita os xacementos de mineral de ferro. En Prada destacan as industrias derivadas da madeira e as téxtiles. O turismo aumentou progresivamente ao longo dos anos.