congruencia

congruencia

(

  1. s f

    Calidade de congruente.

    Ex: Non entendo o que di o parágrafo porque non ten congruencia.

    Sinónimos: coherencia. Antónimos: incongruencia.
  2. s f [MAT]

    Nun anel, relación de equivalencia compatible coa estrutura, definida por aRb se e só se a e b son congruos un módulo elemento do anel: aRbBab (mod m).

  3. s f [DER]

    Calidade xurídica pola que a parte dispositiva das sentencias xudiciais debe axustarse ás pretensións oportunamente formuladas polas partes durante o xuízo, de modo que non se outorguen cousas distintas das pedidas, nin máis do solicitado. O vicio de incongruencia é denunciable en casación.

Palabras veciñas

cóngrido -da | congro | congrua | congruencia | congruente | congruidade | congruísmo