coniína
coniína
(< lat científico Conium +-ina)
s
f
[BIOQ]
Grupo de alcaloides presentes na cegude en forma de sales dos ácidos cafeico e málico, e que, malia ter o mesmo esqueleto de carbonos, se diferencian entre eles polo grao de hidroxenación e pola presenza ou ausencia de grupos hidroxilo. A súa toxicidade está causada pola inactivación das terminacións dos nervios motores, que provoca unha paralización dos músculos respiratorios e, en consecuencia, a morte por asfixia.