connotación
(
-
s
f
Acción e efecto de connotar.
Ex: A poesía deste autor ten unha serie de connotacións negativas.
-
s
f
[FILOS]
Propiedade que teñen algúns termos para designar o seu obxecto propio, expresando algúns dos seus atributos. Na lóxica moderna, refírese ao conxunto de notas que designan un obxecto ou que constitúen un concepto.
-
s
f
[LING]
Conxunto de significados adicionais, xuntamente coa denotación, que transmite unha palabra, dentro do sistema de valores do emisor e receptor. Así, por exemplo, a palabra vermello, denota ‘unha determinada cor’ e connota, é dicir, poden asociarse a esa palabra outros significados, como ‘perigo’ (un semáforo), ‘sangue’, ‘tendencia política’, ‘romanticismo’ (rosas) ou ‘paixón’.
-
s
f
[LIT]
Conxunto de valores subxectivos e secundarios que se engaden ao significado primario da denotación para intensificar a súa carga estilística e expresiva. Os tropos (metáfora, alegoría ou símbolo) son os recursos retóricos de maior valor connotativo, pola súa capacidade para xerar asociacións semánticas e contidos significativos novos. Acada a súa concentración máis alta nos textos poéticos.