consideración
consideración
(< lat consideratiōne)
-
de considerar.
-
s
f
Acción de considerar ou reflexionar sobre as vantaxes, inconvenientes e circunstancias que rodean unha cousa. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Na súa exposición fixo consideracións importantes sobre a influencia das vangardas na literatura galega de posguerra.
-
s
f
Atención ou respecto que se dedica a unha persoa ou cousa.
Ex: Ese médico sempre tivo moita consideración cos enfermos. Dende que traballa no museo trata as obras de arte con consideración. É un investigador que goza de moita consideración entre os seus colegas.
Antónimos: desconsideración.