consigna

consigna

(

  1. s f
    1. Orde ou norma de conduta que se lle dá a unha persoa.

      Ex: Os conxuradores tiñan a consigna de atacar ó mencer.

    2. [BÉL]

      Orde que se lle dá a un subordinado que permanece nun posto de vixilancia, como sentinela ou garda.

      Ex: As consignas son claras: hai que avanzar sobre territorio inimigo.

  2. s f

    Contrasinal que lle permite a unha persoa ser coñecida ou poder ter acceso a un lugar determinado sometido a vixilancia.

    Ex: Pediume a consigna e non me lembraba das palabras exactas.

  3. s f

    Fórmula breve empregada como manifestación dunha idea política.

    Ex: No debate formulou as súas consignas para as eleccións.

  4. s f
    1. Lugar nas estacións de ferrocarril e outros medios de transporte no que se recolle e garda provisionalmente a equipaxe dos viaxeiros.

      Ex: Levamos os paquetes á consigna antes de visitar a cidade.

    2. Servicio, que ofrecen as estacións de ferrocarril e outros medios de transporte, encargado de recoller e gardar provisionalmente a equipaxe dos viaxeiros.

      Ex: Esa estación de autobús non tiña consigna.