consolda

consolda

(

Nome científico: [Symphytum officinale, Fam da boraxináceas]
s f [PLANTA]

Herba perenne de ata 120 cm de altura, con follas opostas, ovadas ou lanceoladas, revestidas de pelos, e flores rosas ou brancas, de corola tubulosa e dispostas en cimas, moi abundante en céspedes húmidos de Europa e Asia. Moi aromática, as súas follas pódense consumir en ensalada e, secas e en po, serven para preparar infusións; a raíz seca pode utilizarse tamén para aromatizar viños.