constelación

constelación

(

  1. s f [ASTRON]

    Cada unha das 88 zonas en que se divide a esfera celeste. A zonificación aceptada internacionalmente é un convenio. As constelacións imaxináronse na Antigüidade para conseguir unha orientación dentro dos numerosos conxuntos de estrelas no firmamento e para identificar os distintos aspectos totais e parciais do ceo, que permitían coñecer con exactitude as diferentes épocas do ano. Bautizouse cada unha destas agrupacións cun nome e compuxéronse debuxos cos nomes das principais estrelas de cada constelación. Ptolomeo completou no seu Almaxesto a primeira división do ceo visible en constelacións, realizada por Hiparco (120? a C). Non obstante , a división completa fixérona, posteriormente, Johann Bayer (1572-1625), Johannes Hevelius (1611-1687) e Nicolas Louis de Lacaille (1713-1762). A medida que se descubriron máis estrelas, constatouse que as figuras primitivamente asociadas ás constelacións tiñan pouco interese práctico. A Unión Astronómica Internacional fixou, no seu primeiro congreso en Roma (1922), as constelacións que se deberían conservar, co seu nome latino e coa súa abreviatura, e durante as dúas asembleas xerais seguintes fixáronse os límites precisos mediante arcos de meridiano e paralelos celestes. As estrelas máis importantes dunha constelación denomínanse mediante unha letra grega ou un número que acompaña o xenitivo do nome latino da constelación. Centradas polas doce constelacións do zodíaco, denomínanse constelacións boreais as 29 situadas ao norte e constelacións austrais as 47 do sur.

  2. s f

    Conxunto de persoas ou de cousas.

    Ex: Os que asistiron á homenaxe formaban unha constelación de artistas. O xardín converteuse nunha constelación de flores.

  3. s f [ESOT]

    Aspecto dos astros no momento do nacemento dunha persoa.

  4. s f [LING]

    Fenómeno que en glosemática se caracteriza porque dúas unidades compatibles non presentan ningún tipo de dependencia recíproca; é dicir, un termo non presupón o outro, pero ambos son compatibles (

    Ex: En latín a preposición in non rexe só ablativo, e á inversa, o ablativo pode construírse tamén con outras preposicións ex, ab). Se a constelación se produce no discurso, denomínase combinación (Ex: O uso de por ou a que poden ir ou non xuntos) e, se se produce no sistema da lingua, denomínase autonomía (Ex: A compatibilidade, sen coexistencia necesaria, entre as categorías de xénero e número).

Palabras veciñas

constatación | constatar | Constela | constelación | Constenla | Constenla, Belén | Constenla, Francisco