contaminante

contaminante

(< contaminar)

  1. adx

    Que contamina.

    Ex: Coa instalación da nova empresa os riscos contaminantes son cada vez maiores.

  2. [ECOL]
    1. s m

      Substancia estraña ou que se dá en exceso nun organismo, nun ecosistema, etc. Poden clasificarse segundo diversos criterios: pola súa procedencia (naturais ou sintéticos); pola súa degradabilidade e pola súa natureza (química, orgánica, acústica, térmica, etc).

    2. contaminante de alimentos

      Produto químico (metal, insecticida, elemento radioactivo, etc) ou material biolóxico (microorganismos, animais, etc) que se incorpora accidentalmente a un produto alimentario durante a colleita, o transporte, o proceso de transformación ou o de almacenamento.

    3. contaminante precursor

      Contaminante atmosférico primario que dá lugar, xeralmente por unha transformación fotoquímica, a un contaminante secundario.

    4. contaminante primario

      Contaminante que conserva a estrutura do momento de ser emitido.

    5. contaminante secundario

      Contaminante resultante das reaccións espontáneas que sufriron un ou varios contaminantes primarios.

Palabras veciñas

contaminable | contaminación | contaminador -ra | contaminante | contaminar | contaminatio* | contapasos