contaxioso -sa
contaxioso -sa
(< lat contagiōsu)
-
adx
Que se transmite por contaxio.
Ex: Contraeu unha enfermidade contaxiosa na viaxe por África.
-
adx
Que ou quen padece unha enfermidade que se contaxia.
Ex: A quinta planta está reservada para os enfermos contaxiosos. A sociedade tende a excluír os contaxiosos.
-
adx
Que se transmite facilmente coa proximidade e o trato.
Ex: Ten uns vicios nocturnos moi contaxiosos.