contexto

contexto

(< lat contextu ‘conexión’)

    1. s m

      Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.

      Ex: Polo contexto é moi doado saber o significado desa palabra.

    2. contexto fonético [LING]

      Conxunto de sons que rodean un fonema. Así o /n/, segundo o contexto, ten valor alveolar [n] (nave) ou velar [?] (fun).

    1. s m

      Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.

      Ex: O contexto social foi determinante para explicar o seu comportamento.

    2. s m [PEDAG]

      Condicións espacio-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.

    3. contexto cultural [ARTE]

      Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes, tradicións, ditos, valores, mitos ou tópicos vixentes nunha sociedade, época ou escola definidas, que condicionan a existencia de determinados produtos (unha manifestación artística concreta, por exemplo), á vez que explican o seu significado.