contrabaixo
(< ital contrabasso)
-
[MÚS]
-
s
contrabaixista.
-
s
m
Instrumento cordófono de catro cordas, pertencente á familia dos violíns. É o de dimensións máis grandes e ten unha forma semellante á das antigas violas. O número de cordas oscilou de tres a seis, pero estabilizouse en catro, afinadas da máis grave á máis aguda: mi, la, re, sol. Utilizábase xa na segunda metade do s XVII e introduciuse nas orquestras de ópera un século máis tarde. A miúdo, o seu papel limitábase a dobrar os violoncellos. A música para este instrumento está escrita en clave de fa, como a do violoncello, pero soa na oitava inferior. Dentro da música de cámara con contrabaixo destacan o Septeto de Beethoven (1800) e o Octeto de Schubert (1824). Ao longo do s XIX xurdiron grandes virtuosos deste instrumento como Domenico Dragonetti (1763-1846) e Giovanni Bottesini (1821-1889). Especialmente no jazz, este instrumento demanda un gran virtuosismo e utilízase a técnica do pizzicato; constitúe, xunto coa batería, un elemento rítmico esencial para as formacións máis usuais.
-
s
-
s
m
[MÚS]
-
Voz máis baixa ca a do baixo.
-
Persoa que posúe esta voz.
-