contracto -ta
(< lat contractu, p p de contrahĕre‘reunir, concentrar’)
-
p irreg
de contraer ou contraerse.
-
[LING]
-
adx
Aplícase ás vocais e ás formas que resultan dunha contracción.
-
adx
Aplícase aos adxectivos e nomes gregos que se caracterizan pola contracción da vogal da desinencia coa vogal do tema ou do radical. Así, por exemplo, no termo grego τεῐχους, procedente de τεῐχεος (xenitivo de τεῐχος ‘muro, muralla’), ου é unha vogal contracta.
-
adx
Aplícase aos verbos gregos con radical rematado nas vocais a, e ou o, que se combinan coa vogal temática e ou a (Ex: τιμῶμεν por τιμα-ω-μεν).
-
artigo contracto
Forma adoptada, segundo a gramática tradicional, polo artigo determinado cando se combina coas preposicións a, de, en, con e por. Por exemplo, dos (de+os), nas (en+as), coa (con+a), ó (a+o), pola (por+a), etc.
-
adx