contraer

contraer

(< lat contrahĕre)

  1. v t

    Reducir un corpo a un volume ou a unha lonxitude menor sen diminuír a súa masa.

    Ex: Tiven unha cambra que me impedía contraer o músculo da barriga da perna.

    Antónimos: dilatar. Confrontacións: encoller.
  2. v t

    Establecer unha persoa con outra unha relación que implica obriga ou compromiso.

    Ex: Contraeu a obriga de coidar os vellos ata a súa morte. Xa anunciaron que van contraer matrimonio. Os asinantes contraen o compromiso de cumprir o que figura no documento.

  3. v t

    Adquirir algunha cousa, como un vicio, un costume, unha débeda ou unha enfermidade.

    Ex: Este ano contraeu a gripe menos xente có ano pasado.

  4. v t [LING]

    Formar unha contracción.

    Ex: Contraeu o artigo a coa preposición a.

  5. v pron

    Reducirse a lonxitude ou o volume dun corpo.

    Ex: As rochas expostas ó sol contráense lixeiramente coa chegada da noite.

  6. v i [LING]

    Sufrir contracción dous elementos lingüísticos.

    Ex: No galego o artigo determinado contrae coa preposición por.

Conxugar
VERBO contraer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraio
contraes
contrae
contraemos
contraedes
contraen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraía
contraías
contraía
contraïamos
contraïades
contraían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraín
contraíches
contraeu
contraemos
contraestes
contraeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraera
contraeras
contraera
contraeramos
contraerades
contraeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraerei
contraerás
contraerá
contraeremos
contraeredes
contraerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraería
contraerías
contraería
contraeriamos
contraeriades
contraerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraia
contraias
contraia
contraiamos
contraiades
contraian
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraese
contraeses
contraese
contraesemos
contraesedes
contraesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraer
contraeres
contraer
contraermos
contraerdes
contraeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
contrae
-
-
contraede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contraer
contraeres
contraer
contraermos
contraerdes
contraeren
Xerundio contraendo
Participio contraído
contraída
contraídos
contraídas