contrafolla

contrafolla

(

  1. s f

    Cara dun perpiaño oposta á que tiña na canteira.

  2. s f
    1. Lámina aplicada á folla dunha raspa ou dun instrumento cortante para darlle rixidez.

    2. Peza de ferro que, aplicada na folla dun cepillo de carpinteiro, dunha garlopa ou doutro instrumento, evita a formación de estelas na madeira que se está a traballar, dobra as labras e fainas saír pola abertura superior do cepillo.