contralto

contralto

(< ital contralto ‘voz alta’)

  1. s m [MÚS]

    oz feminina máis grave, de tesitura comprendida entre as de soprano e de tenor, que abrangue dende o fa 2 ao sol 4 . Orixinariamente tamén designaba os castrati ou os cantantes masculinos con voz de falsete. Nos inicios da ópera, este tipo de voz usouse na representación de personaxes femininos cómicos, tráxicos e, ao rexeitar os castrati, tamén en papeis heroicos. Moitos compositores escolleron esta voz para papeis das súas obras, como Rossini para a voz de Rosina en Il barbiere di Siviglia (O barbeiro de Sevilla, 1916) ou para a súa Cinderella na Cenerentola (1817). Entre as contraltos máis relevantes sobresaen, entre outras, Kathleen Ferrier, Clara Butt e Helen Watts.

  2. s [MÚS]

    Cantante que ten a voz de contralto.

  3. adx [MÚS]

    Aplícase ao instrumento que ten un rexistro correspondente á voz de contralto.