contramarcha

contramarcha

(< contra- + marcha)

  1. s f

    Retroceso ou volta atrás que se fai no camiño que se levaba.

  2. s f [BÉL]

    Operación, manobra ou movemento que, dentro do dominio da estratexia ou do campo da táctica, leva a termo un exército ou corpo de tropas para tomar unha dirección contraria á que levaba. A contramarcha estratéxica é unha operación de guerra que constitúe un medio para subtraerse, ao mesmo tempo, da vista e do alcance do inimigo.

  3. s f [MAR/BÉL]
    1. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de marca cando quere cambiar de marcación, de xeito que ningún barco teña que cambiar de velocidade.

    2. Método de evolución que segue unha escuadra formada en liña de fila cando quere cambiar de rumbo por movemento sucesivo, de xeito que cada navío cambie de rumbo ao chegar ao punto no que o fixo o primeiro.

  4. s f [TECNOL]

    Árbore intermedia que transmite o movemento dunha árbore primaria a unha árbore secundaria por medio dun sistema de correas e poleas ou de engrenaxes. Emprégase para aumentar ou diminuír a velocidade de rotación.

Palabras veciñas

contramanobra | contramarca | contramarcar | contramarcha | contramarchar | contramarco | contramarea