contrapeso

contrapeso

(

  1. s m
    1. Peso aplicado en oposición a outro e obxecto que exerce esa oposición.

      Ex: O bocoi de viño serve de contrapeso para que non voltee o carro.

    2. [FÍS]

      Masa destinada a diminuír ou anular a acción dunha forza sobre un elemento mecánico. Ten aplicación, por exemplo, nos ascensores para equilibrar o peso da cabina e aforrar potencia do motor.

    3. [TECNOL]

      Exceso de materia que se deixa ou se engade ao mecanizar certas pezas oscilantes ou xiratorias, para fixar a posición do seu centro de gravidade en estado de repouso ou en movemento, ou para contrarrestar a acción de certos órganos.

    4. [MAR]

      Acción coa que a tripulación dunha embarcación se posiciona, colocando o corpo o máis ao exterior posible, coa intención de contrarrestar unha inclinación do barco demasiado pronunciada. Para tal efecto, os tripulantes pódense axudar dunha táboa de contrapeso, dun trapecio ou dunhas correas. Existen embarcacións de competición provistas duns asentos articulados sobre un brazo longo e destinados a que o tripulante poida colgarse cara ao exterior. Nas embarcacións deportivas de regatas de altura está prohibido e os tripulantes deben permanecer no interior da borda.

  2. s m

    Aquilo que compensa unha carencia.

    Ex: A súa vitalidade serve de contrapeso á súa situación.