contrarreacción

contrarreacción

(

s f [FÍS]

Retroacción negativa que consiste en tomar unha fracción do sinal de saída dun amplificador e enviala á entrada, de xeito que chegue en oposición de fase co sinal de entrada. Diminúe a ganancia do amplificador, pero introduce unha serie de vantaxes: mellora a curva de resposta, reduce a distorsión, aumenta a estabilidade, etc. Emprégase a miúdo nos amplificadores de alta fidelidade.