contratenor
contratenor
(< contra- + tenor)
s
m
[MÚS]
oz no mesmo rexistro ca a do tenor nas polifonías medievais a tres voces. No s XV, coa aparición das composicións a catro voces, deu orixe ao contratenor altus e bassus, que derivaron nas modernas voces de contralto e baixo. Posteriormente, no s XVI, pasou a designar a voz máis aguda dos tenores. Entre outros, destacaron Alfred Deller, James Bowman e René Jacobs.