contre-rejet*
contre-rejet*
s
m
[LIT]
Parte inicial dun encabalgamento que corresponde á palabra ou grupo de palabras situadas ao final dun verso e que completa o seu sentido ao xuntarse co encabezamento do verso seguinte. A parte máis longa da unidade de sentido que conforma o encabalgamento sitúase no segundo verso, mentres que a extensión do contre-rejet pode oscilar entre unha e cinco sílabas. Cando o encabalgamento se atopa no interior dun verso dividido por unha cesura en dous hemistiquios complementarios, está no primeiro.