contusión

contusión

(< lat contusĭōne)

s f [PAT]

Lesión traumática producida nos tecidos vivos por choque violento, ou por presión, cun corpo obtuso, normalmente sen solución de continuidade da pel. Pódese distinguir a contusión de primeiro grao, con aparición de equimose; a contusión de segundo grao, con hematoma de rápido crecemento; e a contusión de terceiro grao, cando, ademais de haber as manifestacións precedentes, aparece unha martirización dos tecidos brandos e da pel.

Palabras veciñas

conturbador -ra | conturbar | conturria | contusión | contusionar | contuso -sa | conurbación