convenio

convenio

(

  1. s m
    1. Aquilo que se acorda entre as partes de maneira formal, particularmente entre institucións.

      Ex: Marrocos e España asinaron un convenio en materia de emigración.

      Sinónimos: acordo.
    2. Texto no que se recollen as resolucións que se acordaron.

      Ex: Redactei xa o convenio para que ninguén modifique os seus puntos.

  2. s m [DER]

    Acordo de dúas ou máis vontades tendentes á creación dun vínculo xurídico. Adoita chamarse así o instrumento xurídico para a cooperación económica, técnica e administrativa entre a administración local, a do Estado e as comunidades autónomas.

  3. s m [DER]

    Negocio xurídico entre aquela persoa que vai presentar suspensión de pagamentos, ou que o fixo infrutuosamente, e os seus acredores, que foi aceptado por acordo maioritario dos acredores e aprobado polo xuíz.

  4. convenio arbitral [DER]

    Acordo polo que as dúas partes interesadas nun conflito concertan someterse a unha decisión procesal extraxudicial para a súa dilucidación.

  5. convenio económico [DER]

    Acordo escrito entre o Estado e unha comunidade autónoma cando esta goza de autonomía para manter, establecer e regular o seu réxime tributario.

  6. convenio de colaboración [DER]

    Acordo celebrado entre o goberno do Estado e os órganos de goberno das comunidades autónomas, ou entre estas entre si no ámbito das súas respectivas competencias.

  7. convenio colectivo [DER]

    Acordo escrito entre os representantes dos traballadores e os dos empresarios, que ten como obxectivos a regulación das relacións entre os empresarios e os traballadores, a fixación das condicións laborais ás que se deberán axustar os contratos individuais de traballo e a determinación das condicións de traballo nun ámbito determinado. Constitúe unha fonte do dereito do traballo de orixe contractual. Estes convenios naceron como instrumento para a contratación colectiva en Inglaterra no s XIX e estendéronse por Europa a comezos do s XX, como consecuencia das loita obreiras e do cambio de política social iniciada polos gobernos europeos.

  8. convenio internacional [DER]

    Acordo de vontades celebrado entre suxeitos de dereito internacional e destinado á produción de efectos conformes ás normas xurídicas internacionais.

  9. convenio xudicial [DER]

    Remate dun proceso xudicial por acordo entre as partes e que é sancionado polo xuíz ou polo tribunal.