convexo -xa

convexo -xa

(< lat convexu)

  1. adx

    Aplícase á liña, superficie ou figura que presenta unha redondez esférica en relevo, de xeito que as perpendiculares á superficie diverxen dende esta cara a fóra.

    Ex: As lentes de contacto son convexas.

  2. adx [MAT]

    Aplícase aos conxuntos de puntos nos que a recta que une dous deles calquera está contida no conxunto.

Palabras veciñas

converxer | convexado -da | convexidade | convexo -xa | convición | convidado -da | convidador -ra