convidar

convidar

(< lat tardío*convitāre, de invitāre con alteración do prefixo por influencia deconvivĭum ‘banquete’)

  1. v t
    1. Pedirlle unha persoa a outra que a acompañe a un determinado acto ou lugar.

      Ex: Convida os teus compañeiros á festa do teu aniversario. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Convidou á voda.

      Sinónimos: invitar.
    2. Obsequiar a alguén, levándoo a algún lugar ou facendo algo que resulte agradable, pagando os gastos. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Bo de convidar e malo de fartar. Convidoume Xan Romeu, e o viño pagueino eu. Moitos anos viva quen nos convida”.

      Ex: Convidounos a quedar na súa casa mentres estivesemos alá.

      Sinónimos: invitar.
    3. Pedirlle a alguén que faga unha cousa que lle resulta desagradable ou coa que non está de acordo.

      Ex: Pola súa irreverencia, convidouno a saír da asemblea.

      Sinónimos: invitar.
  2. v t

    Provocar unha cousa gusto ou desexo por facer algo ou tomar parte nunha determinada actividade.

    Ex: O día non convidaba a saír, ía frío e chovía. O ambiente convidaba á reflexion.

    Sinónimos: incitar, invitar.
  3. v pron

    Darse por convidado a un lugar ou acto determinado sen ser chamado.

    Ex: Éche tan afouto que se convidou e non houbo quen o botase fóra.

Conxugar
VERBO convidar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convido
convidas
convida
convidamos
convidades
convidan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidaba
convidabas
convidaba
convidabamos
convidabades
convidaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidei
convidaches
convidou
convidamos
convidastes
convidaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidara
convidaras
convidara
convidaramos
convidarades
convidaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidarei
convidarás
convidará
convidaremos
convidaredes
convidarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidaría
convidarías
convidaría
convidariamos
convidariades
convidarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convide
convides
convide
convidemos
convidedes
conviden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidase
convidases
convidase
convidasemos
convidasedes
convidasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidar
convidares
convidar
convidarmos
convidardes
convidaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
convida
-
-
convidade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
convidar
convidares
convidar
convidarmos
convidardes
convidaren
Xerundio convidando
Participio convidado
convidada
convidados
convidadas