convulso -sa
convulso -sa
(< lat convulsu, p p de convellĕre ‘abalar,destruír’)
-
adx e s
Que ou quen está afectado por unha convulsión.
Ex: O seu estado convulso debíase a unha daquelas crises que xa coñeciamos todos.
-
adx e s
Que ou quen está excitado por un ataque de cólera ou outra paixón violenta.
Ex: Enfadouse tanto que comezou a mostrarse convulso ante os nosos ollos.