conxuntiva

conxuntiva

(< lat coniunctīva, f deconiunctivu ‘conxuntivo’)

s f [ANAT]

Membrana mucosa delicada e transparente que recobre a cara interior das pálpebras (conxuntiva tarsal), a cara anterior do globo ocular (conxuntiva bulbar) e os fondos de saco (fórnix). Histoloxicamente, está constituída por un epitelio de células alongadas non queratinizantes e por unha capa de substancia propia formada fundamentalmente por tecido conectivo moi vascularizado. Ten unha función protectora e defensiva das superficies que recobre.

Palabras veciñas

conxunguir | conxunta | conxuntar | conxuntiva | conxuntival | conxuntividade | conxuntivite