cooperativo -va

cooperativo -va

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á cooperación ou a unha cooperativa.

    Ex: Naqueles momentos tan duros era necesaria a unión cooperativa. Era unha rapaza moi cooperativa, sempre se podía contar con ela.

  2. fenómenos cooperativos [FÍS]

    Procesos de transformación dos átomos ou das moléculas dun estado A a un estado B, nunha mestura en que coexisten ambos os dous estados e interaccionan colectivamente, e na que a enerxía de transformación depende da proporción relativa de átomos ou moléculas nos dous estados.