copretérito

copretérito

(< co + pretérito)

s m [LING]

Tempo verbal do modo indicativo que expresa coincidencia temporal con respecto a un referendo (adverbio de tempo, unha cláusula circunstancial temporal, unha forma verbal retrospectiva ou un referendo implícito no contexto extralingüístico) situado no pasado (

Ex: Antes traballaba polas tardes. Cando vivía en Laxe, aínda non coñecía a Aldara. Díxome que non sabía nada do asunto. Poñía no prospecto que se tomase cada oito horas). Os valores máis frecuentes que pode adquirir son: contemporaneidade no pasado, o uso máis habitual (Ex: Cando entrei na estancia, cheiraba fortemente a alcohol); intemporalidade no pasado, uso paralelo ó do indicativo presente (Ex: Co tempo deime de conta de que a mocidade era a primavera); acción habitual no pasado, uso paralelo ó do indicativo presente (Ex: Sempre iamos á festa coas mellores vestimentas); prospección desde o pasado, alterna co pospretérito (Ex: Sementou un saco de patacas e díxome que recollía trinta e tantos na colleita); narrativo, uso estilístico que envolve o feito narrado nunha certa vaguidade temporal (Ex: Era unha noite de verán cando chegamos a aquel remoto castelo); e modal, adoita aparecer cun valor non real, de cortesía, e sen referencia temporal (Ex: María, quería saber cántos anos tes), aínda que tamén pode aparecer con outros matices modais (Ex: Érache boa. Non me serve este pantalón, tiña que ir cambialo). Morfoloxicamente presenta, nos verbos regulares, un sufixo modo temporal /ba/-/a/ en distribución complementaria, /ba/ (and-a-ba-mos) para CI e /a/ para CII e CIII (varr-í-a-s, part-í-a-s); este sufixo modo temporal é tónico na PIV e PV (and-a-bá-mos, and-a-bá-des), e átono nas outras persoas (and-á-ba). Na gramática tradicional correspóndese co imperfecto de indicativo.

Citas

  • Antes traballaba polas tardes. Cando vivía en Laxe, aínda non coñecía a Aldara. Díxome que non sabía nada do asunto. Poñía no prospecto que se tomase cada oito horas). Os valores máis frecuentes que pode adquirir son: contemporaneidade no pasado, o uso máis habitual (
  • Cando entrei na estancia, cheiraba fortemente a alcohol); intemporalidade no pasado, uso paralelo ao do indicativo presente (
  • Co tempo deime de conta de que a mocidade era a primavera); acción habitual no pasado, uso paralelo ao do indicativo presente (
  • Era unha noite de verán cando chegamos a aquel remoto castelo); e modal, adoita aparecer cun valor non real, de cortesía, e sen referencia temporal (
  • Érache boa. Non me serve este pantalón, tiña que ir cambialo). Morfoloxicamente presenta, nos verbos regulares, un sufixo modo temporal /ba/-/a/ en distribución complementaria, /ba/ (and-a-ba-mos) para CI e /a/ para CII e CIII (varr-í-a-s, part-í-a-s); este sufixo modo temporal é tónico na PIV e PV (and-a-bá-mos, and-a-bá-des), e átono nas outras persoas (and-á-ba). Na gramática tradicional correspóndese co imperfecto de indicativo
  • María, quería saber cántos anos tes), aínda que tamén pode aparecer con outros matices modais (
  • Sementou un saco de patacas e díxome que recollía trinta e tantos na colleita); narrativo, uso estilístico que envolve o feito narrado nunha certa vaguidade temporal (
  • Sempre iamos á festa coas mellores vestimentas); prospección desde o pasado, alterna co pospretérito (

Palabras veciñas

copra | coprecipitación | Copreo | copretérito | coprináceo -a | copríncipe | Coprinus