coprocesador
(
-
s
m
[INFORM]
Circuíto independente dentro dun ordenador que axuda nas funcións de suma da CPU ou que manexa o traballo adicional mentres a CPU está realizando outra tarefa.
-
coprocesador gráfico
[INFORM]
Dispositivo que axuda ao procesador principal a realizar parte do cálculo necesario para mostrar imaxes na pantalla. Como resultado pódense ver imaxes complexas e modificalas con maior rapidez que se a CPU tivese que realizar todos os cálculos.
-
coprocesador matemático
[INFORM]
Dispositivo que posúen habitualmente os ordenadores compatibles PC para realizar as operacións aritméticas de coma flotante. Os programas que conteñen instrucións poden realizar operacións aritméticas con moita maior rapidez que os que utilizan só a CPU. En xeral, o software que está deseñado para facer uso do coprocesador matemático non se executará se non está instalado o coprocesador na máquina. Algúns programas poden percibir se está instalado o coprocesador e utilizarán só a CPU se non está instalado. Existen coprocesadores de punto flotante para unha gran variedade doutros ordenadores.