1 coral
(
-
s
m
[ECOL]
Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distínguense os corais pétreos, pertencentes á subclase dos zoantarios ou hexacorais, de estrutura hexámera, que conforman un exoesqueleto de carbonato cálcico en forma de copiña, onde se pode retraer cando non está alimentándose. Nas colonias vellas os pólipos poden constituír unha única lámina de tecido sobre a superficie da masa compacta de carbonato cálcico. Os corais espiñentos, pertencentes á orde dos antipatarios da subclase dos ceriantipatarios, de estrutura hexámera, con tentáculos non retráctiles, presentan un esqueleto de material proteico duro e con prolongacións en forma de espiñas. Están limitados a augas mariñas cálidas e profundas. Os corais córneos e os corais brandos, pertencentes á subclase dos alcionarios ou octocorais, presentan 8 tentáculos pinnados e 8 macroseptos que posúen un endoesqueleto de escleroproteínas e escleritos, ou só por escleritos. Poden constituír arrecifes en zonas de pouca profundidade, ata os 60 m de profundidade, dos mares tropicais onde a media da temperatura mínima da auga é superior aos 20° e, polo tanto, preséntanse principalmente entre o Trópico de Cáncer e o de Capricornio. Reciben entón a denominación de corais hermatípicos; os antozoos caracterízanse por presentar no seu interior algas do tipo das zooxantelas coas que establecen relacións de simbiose, por iso este tipo de corais precisa augas claras que permitan o paso da luz necesaria para que sexa posible a fotosíntese. A temperatura da auga e a sedimentación son factores que determinan a distribución horizontal dos arrecifes coralinos; a luz é o terceiro factor que exerce os seus efectos principalmente na distribución vertical. Para formar o esqueleto calcario que dá lugar aos arrecifes é preciso unha alta produción de carbonato cálcico e a simbiose implica un alto grao de reciclaxe de nutrientes dos mares tropicais, que son especialmente pobres; as algas son as que realmente proporcionan a estes corais o suplemento de carbonato cálcico como subproduto da absorción do CO 2 . Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde ocupan unha terceira parte de toda a superficie dos mares (uns 123 millóns de km 2 ) e constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade. Polo seu exotismo, os esqueletos dos corais son moi apreciados para o seu uso en xoiería.
-
s
m
Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.
-
s
m pl
[ALIM]
Ovas cocidas de crustáceos. Consómense directamente ou mesturadas coa carne do propio marisco. Tamén se empregan para ligar e colorear salsas.
-
s
m
[PLANTA]
salicornia.